COMPRAR LIBRO


INFORMACIÓN DO PROXECTO CUBA 1991

O Período Especial en Tempos de Paz, foi unha longa crise que comezou como resultado do colapso da Unión Soviética en 1991, do campo socialista e o agravamento do embargo estadounidense. Aínda hoxe, en 2023, a carencia de combustible e outros produtos de necesidade, obrigan ao racionamento. Cuba 1991, é un proxecto de fotografía documental con concepto de autor, levado a cabo na illa para documentar a vida diaria e o esforzo da cidadanía para sobrevivir.

O autor documentou A Zafra (recollida da cana de azucre), a minería, a agricultura, o tabaco, a vida social, e outros temas. Foi posible fotografar grazas a que as autoridades cubanas comprenderon a necesidade de facer ver ao mundo a precariedade na que vivía Cuba, e enviar unha mensaxe a solidariedade internacional. As fotografías son en branco e negro con película Kodak TRI-X, e os textos en galego. Desafortunadamente, nun voo de Madrid a Cuba, o avión fixo escala en Santo Domingo e a maleta que contiña cadernos e negativos nunca máis apareceu. E se non fose pouco, moitos dos textos escritos estaban nun computador Toshiba T1000XE, que nunca volveu a acender.

A tirada é de 100 exemplares, en papel interior de 135 gramos, dos cales se poñen á venda 80. É un prezo simbólico na promoción sen ánimo de lucro para un proxecto autofinanciado, publicado como libro por primeira vez grazas e en parte as achegas que recibe. O traballo foto documental acadou o primeiro premio Fotopres da Caixa en Barcelona, 1993. Cuba 1991 é a ollada comprometida do autor aberto a crítica no eido educativo.

Primeiro premio Fotopres ‘93 La Caixa, 1993. Barcelona.


INFORMACIÓN DE COMPRA

Enche o formulario e envía pulsando SUBMIT/ENVIAR
O prezo dun exemplar é de 44 euros.
Os LOTES de 5 libros
para empresas, organizacións, escolas, estudantes de fotografía prezo de 210 euros + gastos de envío.
As páxinas interiores do libro son en papel de 135 gramos. O formato é: 200 × 240 mm. Textos en galego.
Indica no ASUNTO da mensaxe a cantidade de exemplares que desexas comprar.
Os 80 primeiros libros van adicados e asinados persoalmente polo autor.
Despois de enviar o formulario recibirás un correo no que podes elixir o método de pago: BIZUM, ou transferencia bancaria.

O libro Cuba 1991, é un proxecto independente de autor, autofinanciado e posible en parte grazas as vosas achegas.


FORMULARIO

IMPORTANTE


Ao revelarnos a súa información persoal ao solicitar libros en www.delmialvarez.com, está a darnos o seu consentimento para recoller, almacenar e procesar a súa información persoal só para completar a súa transacción e, posteriormente, contactar con vostede respecto desta transacción. Aseguramos de que non divulgaremos esta información a terceiros en ningún momento.

O custo do envío durante a promoción foi de balde e será a cargo do comprador despois de que esta finalice. Non se reservan libros sen pago previo.
O prezo deste libro durante a promoción tivo un desconto do 50%.