O REI GALEGO DE ÁFRICA
Protagonista: José
Luís Bastos
Duración: 0:50´
Realizador: Delmi Álvarez
Adaptación do proxecto Galegos na Diáspora
Cliente: Documentales TVG
Televisión de Galicia
Namibia,
Agosto 2001
diciembre 2007/enero 2008
O Rei Galego de África
0:50´ HDV
Logline
O Rei Galego de África é un documental sobre a vida de
José Luis Bastos, un galego natural de Bouzas, que ten que
facerse cargo dos negocios do
seu irmán cando este morre en acidente de
aviación en Angola. Sen ter coñecemento do
negocio da pesca Bastos traballa arreo e cando Chega a Walbis Bay queda
enamorado de África. A súa vida daría
un xiro tan grande que xa deixou ben escrito na derradeira vontade que
o enterren ao estilo tradicional dos reis Namas, baixo pedras negras e
brancas. Tamén elexiu e deixou moi claro o seu epitafio ben
destacado enriba da tumba: “Aquí yace un
galego que amou ésta terra tanto como a
súa”.
Este personaxe que forma parte do proxecto fotodocumentalista Galegos
na Diáspora comenzado no ano 1989 vai a ser adaptado ao
formato video como documental/historia de vida, e
continuación doutro capítulo realizado en
co-producción coa TVG en Rusia no 2006. Bastos, que na
actualidade vive coa súa muller Kuki en Walbis Bay, dirixe
empresas de peixe e posúe unha gran finca de caza que
noutros tempos eran as terras da tribu Noma. A súa vida
transcurre entre os negocios e a ansiada finca, ademais doutros
proxectos que fan del un home sempre moi ocupado.
Synopsis
Cando o irmán de José Luís falece nun
accidente él ten que facerse cargo dos seus negocios e comenzar
unha nova
vida nun país que descoñece. Co tempo chega a
crear con moito esforzo empresas de peixe e outros negocios facendo
boa amistade co presidente de Namibia San Nujoma,
recoñecido como pai da patria en Namibia.
Para Bastos, ademais da súa muller Kuki, a finca Khomas
é o que máis ama na vida. Un lugar donde os
animais salvaxes medran no seu habitat co control preciso para a
súa supervivencia e reproducción ademais da gran
axuda que xenera aos cuidadores e as súas familias.
A vida diaria de José Luís transcurre entre a
oficina da súa empresa, a casa a beira do lago e a finca
Khomas adonde escapan cada fin de semana e sempre que poden. En
Khomas o día a día sempre é diferente
cheo de anécdotas, con moita caza, e os seus moradores,
os Orix, Springbooks, Facocheros, avestruces, cebras, leopardos,
xirafas, e hienas campan en libertade pola sabana e montañas da
finca.
José Luís e os seus axudantes de campo percorren
as miles de hectáreas en Toyotas todo terreo, os mellores
que soportan camiños de pedras e suben e baixan montes, cruzan
ríos secos e con auga e non se enteran. Machoke, o xefe
de todo o grupo é dunha tribu moi patriarcal dos Owango, ao
norte do
país. É a sombra inseparable de Bastos cando o
amo chega a finca.
Non todo é caza para este oriundo de Bouzas, pola
súa cabeza rondánlle outras ideas e proxectos que
iremos descubrindo, porque ao noso protagonista
góstalle de protexer a natureza e a cultura do entorno,
levandolle a crear a Fundación Bastos cun proxecto
denominado EcoTopnaar para a protección do medio ambente e
recuperación da cultura dunha das tribus ou etnia das
máis antigas de Namibia.
Avisáronlle ben avisado cando lle venderon as terras: …con
elas vanche centos de anos de cultura dos Noma que vostede debe
protexer ata que morra, dixéronlle. Tumbas dos reis e princesas que
noutros tempos viviron e morreron naquel lugar. Cando ten visitas de
amigos ou cazadores lévaos alí para que vexan como son, pero él
non gosta moito disto xa que ten medo a que
os ladróns e asaltantes destrúanas co
afán de atopar ouro ou pedras preciosas que durmen con eles
na eternidade.
José Luís Bastos ten escollido o
lugar e as pedras brancas coas que vai a ser enterrado. Cando a xente
visite a tumba significará que alí hai un rei
Noma que loitou por aquelas terras e a
súa cultura.
Realización e guión: Delmi
Álvarez
Segunda cámara: Arturo Lezcano
Foto fixa: Signe Raikstina
Edición Raimonds Spakovskis: (VFS-Riga)
Música: autores varios locales non profesionales
Lingua: Galego
Formato: Dixital mini DV
Imaxe Aérea: TOY
Localizacións O Rei galego de África gravouse en
Namibia entre decembro de 2007 e xaneiro 2008 en diferentes
localizacións. Walbis Bay, Owambo region, Sossusvlei dunes,
Etosha Park e aldea Himbas do norte do país.
Agradecementos
O noso máis sinceiro agradecimiento a José Luis Bastos, Kuki Bastos, Ricardo e Mayka da
Fundación Bastos, Familia do antigo Presidente de Namibia
San Nujoma e a todos aqueles que dunha forma ou de outra participaron na filmación e edición.
O documental forma parte do proxecto fotodocumentalista Galegos na
Diáspora (www.delmialvarez.com/diaspora) comenzado
no ano 1989. Deste proxecto naceron unha exposición que
recorreu Galiza, Arxentina e Uruguay e un libro con textos e imaxes que
está a procura de editor. Ademais deronse workshops e
seminarios en diferentes facultades de Comunicación
explicando o fenómeno da
diáspora-éxodo galego dende o punto de vista dun fotógrafo que motivou a
saída do país de miles de galegos e galegas
arredor do planeta. O Rei Galego de África é o
primeiro dunha serie que o autor ten previsto realizar no futuro.
Rodaxe
Exteriores e interiores
Casa da familia Bastos en Walvis Bay, Finca Khomas, Factoría de
pescado, viaxe aos Topnaar…
Moitas esceas de natureza, solpores e vida animal (Ethosa park) O
documental trata sobre a vida dun galego que lembra as sus memorias no
país que tanto lle deu adquirindo a nacionalidade namibia.
Galicia quedalle moi lonxe, xa que como él dí, "morreron os vellos, os meus amigos, en Namibia teño todo o
que amo".
Frases
...Él mesmo descobrenos o lugar donde quere que
poñan a súa tumba de pedras no mesmo estilo que
os reixes e raiñas Namas, dos que herdou a
categoría de Cabalo branco do deserto. Alí mesmo,
perto de donde os fins de semana vai a cazar para sostener as especies
e as familias dos seus traballadores xa elixiu o epitafio que lle mola
e desexa que se vexa ben clariño: “Aquí
está soterrado un galego que amou ésta terra tanto como a
súa”.
|