Benvidos a
Galegos na Diáspora
(c) 1989-2008 Delmi Álvarez


Europa | As Américas | Asia & Oceanía | África
home | galego | english | donacións | partners | bio | contact | workshops | fundación | exhibition | libro

Galegos na Diáspora é un proxecto fotodocumetalista de autor, levado a cabo entre os anos 1989 e 2008 polo fotoxornalista Delmi Álvarez (Vigo, Galicia, 1958) arredor do mundo, seguindo as rutas de milleiros de galegos emigrantes. Con concepto de autor, mesmo crónicas de viaxes, Delmi Álvarez ten fotografado as comunidades de galegos nos seus respectivos lugares de residencia e traballo, dende a vella Europa até as Antípodas, "...pasando por Compostela" como a él lle gusta engadir.
Europa, As Américas, Asia-Oceanía e África son os continentes donde atopou galegos. En outubro de 2005 Caixanova, patrocinou
en Vigo unha gran exposición cunha colleita de 85  fotografías que máis tarde estivo itinerante por Galiza. O desexo do autor e que viaxe polas máis importantes cidades españolas e aquelas comunidades de galegos no mundo. Paralelamente coa exposición o fotoxornalista impartirá workshops abertos a interesados na fotografía ou nas viaxes. Hai un libro en proxecto con textos das viaxes e os enconttros. "Valentin Paz Andrade, foi un dos galeguistas na emigración que máis infuiron no meu proxecto, o mesmo que Carlos Casares eterno viaxeiro, ou o escritor e profesor Xesús Alonso Montero, e sobre todo a miña avóa Rosalía viaxeira incansable que me fixo soñar con tantas aventuras de Cuba...".




Partners
|
Credits
 

All HTML and Graphics © 1998-2005 by Photojournalism Notebooks and The Global Camera. Photos © Delmi Álvarez
Co-produced by Delmi Álvarez and The Global Camera Associateds
Designed and Developed by
(c) The Global Camera