Exposición
2005

Galegos na Diáspora
1989-2005

AUTOR: Delmi Álvarez, fotoxornalista.
DATAS DO PROXECTO: 1989-2005
ASUNTO DO PROXECTO: Fotografía documentalista do fenómeno migratorio galego. Entrevistas. Viaxes.

Copyright:
O proxecto denominado Galegos na Diáspora está rexistrado e protexido polo copyright outorgado pola Consellería de Cultura, na súa delegación en Pontevedra, co número 2001/36/4962.

OBXECTIVOS: Documento histórico, antropolóxico que pón de manifesto o éxodo galego dende o século XIX e que reúne unha colección de  imaxes das viaxes arredor do mundo na busca de galegos na emigración, e que busca fins didácticos para a formación das futuras xeracións de galegos. Evitar a emigración a outros países. Documentos que poden servir para demostrar a situación dos emigrantes galegos no exterior e concienciar a sociedade de que ó problema migratorio é unha cuestión social e de todos. Levar a cabo unha campaña de información social de máis de 1.300.000 galegos que viven fóra de Galiza.

PROXECTO DE LIBRO E EXPOSICIÓN
Edicións Xerais de Galicia, faise cargo do proxecto do libro ao asinar contrato con Galegos na Diáspora.

Dende a súa aparición, Galegos na DiásporaOs artigos e fotografías foron publicados en La Voz de Galicia, e neste tempo déronse conferencias en facultades, colexios, asociacións, fóra e dentro de Galicia. Galegos na Diáspora recibiu duas bolsas á investigación por parte do Consello da Cultura Galega. O finanzamento do proxecto e na súa totalidade un risco do autor. Durante estes anos fíxose unha exhibición na Facultade de Económicas do campus vigués, con unha veintena de fotos e unha conferencia no salón de actos. Galegos na Diáspora ten como obxectivos a producción de soportes en DVD, Cd, libro, e exposición xeral, cunha selección da mesma itinerante en paneis, como materia didáctica para colexios e Casas de Galicia no exterior. Para ó ano 2005 está previsto realizar unha gran exposición con imaxes das cinco viaxes e a publicación dun libro, no primeiro semestre do ano. A exposición está deseñada para amosar unha selecciçon de imaxes das viaxes, así como diferentes elementos que forman parte do traballo de investigación, antropolóxico-documentalista. No proxecto multimedia contemplase un video con as imaxes máis relevantes e explicacións das viaxes e os protagonistas.
A ceremonia inaugural o autor propón unha conferencia de 30 minutos con proxección de imaxes explicación do proxecto e as viaxes.

ESTRUCTURA DO PROXECTO

Edicións Xerais de Galicia, Editora do libro
Ciclo de Conferencias con proxección de diapositivas

Publicación en prensa.
Exposición fotográficas das diferentes viaxes.

Realización dun video piloto para un futuro programa televisivo da serie.
Dixitalización das imaxes en formato video.

Dixitalización das imaxes en formato CD.

Maquetación e deseño dun libro cos textos e fotos.

Exposición didáctica e itinerante por  outras cidades de Galicia, estado español e comunidades galegas no exterior.

Pos¡tivado de imaxes en xelatina de prata e bromuro

Exposición fotográfica de tódolo proxecto coa publicación do libro no primeiro semestre do 2005.


DATOS TÉCNICOS DA EXPOSICIÓN

Fotos en branco e negro ó bromuro

Edición para exposición de 250 imaxes aprox.

Tamaños entre 20x25, 30x40, 50x60, 70x100, e 2 e ampliacións murais de tres metros.

Vitrinas para amosar diferentes obxectos das viaxes, libretas, mapas…

Video con imaxes e voz en off explicando o proxecto e as  viaxes.


A obra

Na sua totalidade realizada en película en branco e negro e positivos en xelatina de prata e bromuro, en diferentes tamaños.

Para o traballo de campo leváronse cadernos de viaxe donde o autor escribía, as incidencias e encontros cos galegos, asemade as suas impresións no transcurso de cada viaxe.


PROXECTO MULTIMEDIA
Dende o primeiro momento da súa concepción o espíritu de Galegos na Diáspora naceu como un proxecto persoal, que tratou de buscar a homes e mulleres que emigraron mundo adiante por diferentes motivos e se estableceron en lugares remotos do planeta.


Co tempo o proxecto Galegos na Diáspora, foi medrando en ideas e novos puntos de creación ata formar parte dun proxecto multimedia con fins didácticos.


COLABORACIóNS / Partners
Na memoria do proxecto constan as colaboracións de diferentes organismos e entidades autor desexa presentar o proxecto a empresas, organismos, e gobernos galego e español para a participación no referido proxecto de exposición.

Partners activos impulsores
La Voz de Galicia
Caixanova

Consello da Cultura Galega

Partners propostos
Consorcio de la Zona Franca
Universidade Galega, Facultade de Comunicación

Colexio de Xornalistas de Galicia

Nikon

Kodak

El Corte Inglés

Ganesen

Dirección xeral coas Comunidades Galegas no exterior

Dugopa, Ilford papers



Tell us what you think
créditos | donations | partners | bio | travels | equipment | routes | fundación | home | exhibition | book
Partners | Credits

All HTML and Graphics © 1998-2005 by Delmi Alvarez and The Global Camera
Co-produced by Delmi Álvarez and The Global Camera
Designed and Developed by 

The Global Camera