|
Benvidos!
![]() Benvidos ao proxecto
fotográfico fotógrafos en O Camiño de
Santiago en Galicia.Baixo
a organización de Xacobeo e a Dirección Xeral de
Turismo da Xunta de Galicia comenzou o traballo documentalista de seis
fotógrafos galegos e cinco fotógrafas nórdicas que viaxa nunha
exposición a Copenhague o 21 de xuño de 2006 e seguirá por
Bergen
(Bergen, Noruega, 7 ao 21 marzo), Estocolmo (Suecia) Helsinki (Finlandia) e Riga (Riga, Letonia, do 4 ao 22 de abril).
Ademais da exposición
editanse tres libros, inverno, verán, outono, de
cómodo
transporte e formato de bolseiro. Os autores galegos comenzaron o seu
traballo en xaneiro que deberán de entregar o 31 de marzo,
30 de
outubro e 30 de novembro. facendo unha
edición final nun meeting donde revisarán e
pecharán o proxecto. No outono unirónse ao proxecto as fotógrafas nórdicas.O Camiño de Santiago como proxecrto documentalista é a visión conceptual de cada artista sobre esta vella ruta de peregrinación a Santiago de Compostela. A idea nace das imaxes recollidas no ano santo de 1999, por Delmi Álvarez que recorreu a pé comisionado polo xornal El Correo Gallego dous camiños de Santiago: "o francés", dende Roncesvalles, e "o portugués", dende Lisboa. A experiencia foi enriquecedora. Nos trinta días que necesitou para cada un deles, tivo tempo de coñecer, fotografiar e escribir sobre o que acontecía en cada xornada. A Dirección Xeral de Turismo apoia o proxecto e através de Turgalicia levase a cabo a primeira exposición en Copenhague. Once fotógrafos no Camiño Posteriormente decidiuse integrar a visión de outros autores galegos de relevancia na fotografía contemporánea do país, confirmando a súa participación Tino Martínez, Fernando Bellas, Tino Viz, Javier Teniente e Xulio Villarino, que proporcionan co seu traballo unha nova visión do Camiño no inverno, verán e outono. Ademais tamén incorporouse ao proxecto Tine Harden, fotógrafa dinamarquesa cunha amplia traxectoría no fotoxornalismo. Xa na última etapa do proxecto, no outono, catro fotógrafas máis de Noruega, Suecia, Finlandia e Letonia viaxaron a Galiza para camiñar durante unha semana a ruta que elas elexiron de entre as varias que existen. Deste xeito a visión é moi variada e o punto de vista moi variado o que lle da ao proxecto unha consistencia documental. Os seus traballos quedarán plasmados nun libro e na exposición. A colección de imaxes que se xenera con todos estes autores sobre O Camiño de Santiago é única no aspecto documental como na participación de autores estranxeiros. A exposición
está formada por dúas partes, unha clásica con
marcos metálicos de aluminio negros, e a outra de vangarda
instalada en cilindros de tela,
ambientados con música propia e luz cenital. A
exposición
en Copenhague estivo instalada nunha antiga igrexa do centro da cidade. (Preme eiquí para ollar o lugar).A itinerancia do proxecto seguirá por outras ciudades, que en principio serán: Noruega, Suecia, Finlandia, Letonia. Para cualquera outra información pode poñerse en contacto co comisario do proxecto, Delmi Álvarez. home | photojournalists | diary | exhibition | book Copyright © Delmi Alvarez 2006 On the web since June,1st, 2002 -- www.delmialvarez.com |